
Como xurdiu á paisaxe galega actual, que pisan os seus habitantes e que na que se foi configurando a súa cultura e vida? A esa pregunta resposta, dun xeito divulgativo e accesible, o libro Como se formou esta paisaxe?Xeoloxía de Galicia (Baía Edicións, 2025) do xeólogo Eduardo González Clavijo.
A través das súas páxinas, este xeólogo amosa a historia do planeta Terra, a súa evolución e a súa influencia para dar lugar aos vales, montañas, canóns… que constitúen a paisaxe galega. “Intento contar toda a historia xeolóxica de Galicia dunha forma moi sinxela para que a poida entender a maior parte das persoas, aínda que non teña ningún coñecemento previo”, indica González Clavijo.
O seu punto de partida está na orixe da terra, hai 4.600 millóns de anos, “resumo o que sería a historia xeolóxica do noso planeta, e, logo, hai uns 500 millóns de anos, xa me centro en Galicia, no noroeste da península ibérica, na formación da paisaxe, como é a paisaxe que nós vemos agora, en concreto en Galicia dende hai uns 500 millóns de anos ata a actualidade”.
Ademais describe as diferentes rochas propias de Galicia, entre as que sobrasae a lousa, con especial relevancia na comarca de Valdeorras ou a caliza, memoria do pasado mariño do interior galego, que aparece no sur de Lugo e no leste da provincia de Ourense.
Este libro presentarase o vindeiro venres 17 de abril ás 20h. na Casa da Cultura de Sober, nun acto organizado pola Asociación O Colado do Vento. Nel o autor estará acompañado por José María Lago, membro da citada entidade. Esta obra xurde co obxectivo de achegar á xeoloxía á sociedade. “É unha ciencia moi bonita e atractiva, pero o certo é que está un pouco esquecida e ese era a motivación deste libro, que a xente atopara algo sinxelo que lle puidera chamar a atención e atraela”, comenta Eduardo González.

Na súa intervención, de seguro, Eduardo González debullará a multitude de singularidades que presenta a paisaxe galega, entre as que destaca o feito de que as súas rochas “son moi duras, formáronse todas hai 300 millóns de anos no centro dunha gran cordilleira montañosa que había aquí, entón son rochas todas moi duras, granito non, esa cordilleira, que se erosionou. Dende hai 60 millóns de anos ata a actualidade, África comezou a empurrar contra Europa e como esas rochas eran tan duras, en lugar de xerar grandes cordilleiras que se pregaban, o único que fixo ese empuxe foi fracturalas en bloques e uns bloques eleváronse máis e outros menos, por iso o relevo de Galicia é tan caótico, son como subidas, baixadas, pequenas serras…”.
Sobre o autor