CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

A vocalista María Menéndez impartirá as clases de canto de AMAVA que se celebrarán periodicamente

A próxima cita será o 25 de abril ás 11 horas, no local de ensaio de Calabagueiros

 

Logo da boa acollida que tiña a Masterclass de Canto impartida no mes de marzo, dende a Asociación de Música Alternativa de Valdeorras (AMAVA) decidían facer as clases periódicas, igual que facían coas de batería.

“Serán impartidas pola nosa compañeira e gran vocalista María Menéndez”, explica o presidente da asociación, Ramón Teira, adiantando que se centrará en potenciar e mellorar as virtudes vocais de cada persoa. “Unha oportunidade máis que desde AMAVA damos para achegarse á cultura musical, poñendo todas as facilidades de acceso para que non haxa escusas”, di Teira.

O próximo taller será o 25 de abril ás 11 horas, no local de ensaio de Calabagueiros. As prazas, coma sempre limitadas.

 

Back to top button