
Unha gran despregadura da Garda Civil na mañá deste mércores 15 de abril no Barco de Valdeorras, sorprendía a viandantes e curiosos xa dende primeira hora.
Segundo os veciños, o amplo operativo incluía numerosos axentes de diferentes grupos, algúns incluso co equipo canino, por diferentes rúas da vila, ademais dun helicóptero que sobrevoaba a baixa altura distintas zonas do casco urbano, incrementando a expectación entre a poboación.
