En portadaGalerías de fotosSanidadeÚltima horaVídeos

Nova marcha de Asilival pola vila do Barco para pedir un servizo de Pneumoloxía para o Hospital de Valdeorras

 

A reivindicación que cada xoves a Asociación de Silicosis de Valdeorras (Asilival) leva á rúa cada xoves tomaba forma de manifestación neste 16 de abril. A partir das 11h. unha marcha saía dende o Hospital Público de Valdeorras para pedir un servizo de Pneumoloxía para este centro barquense.

Os participantes percorrían o centro da vila e remataban o traxecto na praza do Concello do Barco, onde o presidente de Asilival, José Rodríguez, agradecía a participación e a resposta e apoio da xente, “dende hai un ano somos a organización que máis persoas move”. E anunciaba a súa intención de seguir na loita para lograr o obxectivo co que se creaba a entidade: contar cunha atención permanente de pneumoloxía na comarca.

 

 

Ademais, lembraba que se se presentar unha moción no pleno da Deputación de Ourense, a través dos grupos do PSdeG e do BNG, para pedir que a xerencia da área sanitaria ourensá se reúna coa asociación e tamén anunciaba que a Asilival vai empezar a xestionar o envío de persoas ao Instituto Nacional da Silicosis en Oviedo.

Entre os asistentes á manifestación estaba diferentes representantes do partido socialista e do BNG, tanto a nivel local, como provincial e mesmo galego.

Fotos e vídeo: O SIL.

 

 

Back to top button