EconomíaEconomíaÚltima hora

A presentadora da TVG Noelia Rey conducirá a Pasarela de Moda do CCA O Barco, o 25 de abril

 

A Pasarela de Moda organizada pola asociación Centro Comercial Aberto (CCA) O Barco, segue cumprindo anos e faio atraendo a numerosos clientes do comercio de proximidade co obxectivo de promocionar o sector barquense.

O evento, que se celebrará o sábado 25 de abril na rúa Academia Dequidt do Barco de Valdeorras, estará conducido por Noelia Rey presentadora da TVG e xunto a ela tamén estará o ilusionista Joshua Kenneth amenizando o evento.

Desde as 19:3o horas, máis dun centenar de modelos de todas as idades, veciños e veciñas da zona e de fóra da comarca, subiranse á pasarela coas novidades do sector téxtil e complementos da tempada primavera/ verán. Os comercios asociados ao CCA O Barco que se suman ao evento nesta ocasión son Miranda X, Montglam, N37, Doce Opticos, Baamonde, Can Can, Ana Optica e Eneska en moda e  complementos de adulto, e Casabella, Koki e Ou Bamban dous Sorrisos en moda e complementos infantís.

 

 

O desfile farase en dous pases diferentes, primeiro empezasen as tendas infantís. Tras estas haberá un espectáculo protagonizado polo ilusionista Joshua Kenneth e despois continuará o desfile coas tendas de adultos onde todos os espectadores poderán desfrutar das novas coleccións de moda e complementos que se levarán esta primavera/ verán 2026.

Para terminar e tras a despedida da presentadora, porase o broche cunha fantástica tirada de globos a cal levará un gran premio, un dos globos portará un vale de 500€ para gastar nos establecementos asociados, así como diferentes vales de compra e unha cesta de agasallos doados polos socios.

A acción, que é unha das máis importantes do programa de actividades do CCA O Barco, está subvencionada pola Deputación de Ourense e pola Xunta de Galicia e conta coa colaboración e o apoio do Concello do Barco e de Comercio Galego.

Back to top button