CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Juanjo Lamelas presenta o seu libro “Los ojos de la ciencia” na Casa dos Poetas de Celanova

 

A Casa dos Poetas de Celanova acollerá este venres, día 24 de abril de 2026, ás 19.30 horas a presentación de “Los ojos de la ciencia” de Juanjo Lamelas, a súa derradeira publicación. A entrada ao acto é libre e de balde.

Este libro mostra os distintos modos de interacción entre a radiación electromagnética e a materia. Lendo as súas páxinas poderán descubrirse os segredos que garda a luz das estrelas, da radiación emitida pola materia, gardadas nas diminutas partículas das que está feita. Estes corpúsculos comunícanse entre si a través dunha linguaxe especial, a do intercambio de enerxía. Nas súas conversas altéranse, irrítanse, reláxanse, e ata se crean e se destrúen. “Somos capaces de falar con elas e de facer que transmitan a información que nós queremos. A espectrocopía e a espectrofotometría son as ciencias que interpretan o código. Son o dicionario da materia e da enerxía”, indica o autor.

Juanjo Lamelas naceu en Ourense en 1946, diplomado en Maxisterio, continuou os seus estudios na UNED para licenciarse en CC Químicas e posteriormente doutorarse na especialidade de Cinética Química. Participou en diversos congresos e publicou traballos de investigación en revistas como Journal of Chromatografich Science ou Afinidad. Durante oito anos dirixiu o Departamento de Cultura dun concello da súa provincia natal. Na actualidade dedícase á docencia, sendo profesor no CEIP Curros Enríquez de Celanova, do cal foi director durante varios anos.

 

Back to top button