EconomíaEconomíaÚltima hora

AEVA organiza unha xornada sobre as novidades normativas do IRPF 2025

 

A Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) organiza a xornada titulada “Novidades Normativas IRPF 2025”, unha sesión formativa enmarcada no programa AEVAEMPRÉGATE VIII, que conta coa colaboración da Deputación de Ourense.

Realizárase o proĺximo luns 4 de maio ás 19.00 horas, en formato online. A xornada será impartida por Sara Isabel Fernández Pérez, administradora da Axencia Tributaria en Santa María de Guía (As Palmas), quen analizará as principais novidades lexislativas que afectan o Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF) correspondentes ao exercicio 2025.

Durante a sesión abordaranse diferentes aspectos clave para profesionais e empresas, entre eles a presentación da campaña da Renda 2025, as novidades do programa Renda Web, os cambios normativos más relevantes, así como os criterios TEAC e a xurisprudencia de interese casacional en materia de IRPF. Así mesmo, trataranse as principais novidades autonómicas aplicables. Para a asistencia é necesaria a inscrición previa a través do formulario habilitado.

Con esta iniciativa, AEVA reforza o seu compromiso coa formación continua, ofrecendo contidos actualizados e de calidade que contribúen a mellorar a gestión empresarial e o coñecemento normativo do tecido económico de Valdeorras.

Enlace de inscrición: https://forms.gle/L7uE2UegbWfQxXzU8

Back to top button