ConcellosO BarcoÚltima hora

Falece Miguel Ángel Garrido, administrador da Delegación de Facenda no Barco durante case 4 décadas

Miguel Ángel Garrido, nunha charla hai uns anos./ Foto: O SIL.

 

Dende o Instituto de Estudos Valdeorreses (IEV) dábase a coñecer esta mañá a nova do falecemento esta noite de Miguel Ángel Garrido Gómez, aos 67 anos de idade, socio desta entidade cultural, da que tamén foi vicepresidente, e que durante case 40 anos foi administrador da Delegación de Facenda no Barco.

Natural de terras castelás, desprazábase ata Valdeorras para exercer a súa profesión xunto á súa familia facendo do Barco o seu fogar. Era unha persoa de gran profesionalidade, afable e atenta, interesada polas artes, moi involucrada na vida cultural da comarca, de feito, ademais de ser membro do IEV tamén foi fundador e integrante da formación musical Son do Sil.

“Os nosos pensamentos están con él e cos seus amados fillos, viúva e familia. Sempre estará con nós”, din dende a directiva do Instituto de Estudos Valdeorreses.

Falecía en Valladolid e a súa capela ardente está instalada no Tanatorio El Salvador desta cidade, da que era natural. A súa despedida está prevista para o venres 24 de abril ás 16h. no mesmo tanatorio.

Back to top button