EconomíaEconomíaÚltima hora

Homenaxe a tres empresas que cumpren 20 anos en AEVA

 

Na parte final da asemblea que a Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) celebraba na tardiña deste 24 de abril tiña lugar unha homenaxe a catro empresas que cumpren neste 2026 20 anos como asociadas. A primeira delas era Mariñas Asesores do Barco, na que José Antonio Mariñas Fidalgo recollía o recoñecemento, intre no que sinalaba que agradecía o apoio de “todos aqueles que confiaron no noso traballo” e tiña palabras para os seus compañeiros na empresa. Tamén lembraba a un dos presidentes de AEVA, Santiago Melo, e a Miguel Garrido, administración da Delegación de Facenda no Barco, recentemente falecido.

 

 

Deseguido, recibía este mesmo recoñecemento a empresa Maderas Manuel Núñez de Rubiá, representada pola segunda xeración, Manuel Núñez, que expresaba o seu desexo de continuar cando menos “50 anos máis”. A terceira empresa homenaxeada era HERMACA, cuxo responsable non puido acudir ao acto.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

 

Back to top button