EconomíaEconomíaÚltima hora

Cambia tícket por planta para celebrar o Día da Nai co CCA O Barco

A Asociación Centro Comercial Aberto (CCA) O Barco celebra o Día da Nai cunha campaña de dinamización un pouco diferente á dos últimos anos e que busca premiar aos clientes e promocionar o sector comercio e hostaleiro asociado.

 

 

Así, o luns 4 de maio, en horario de 11:30 a 13:30 horas, instalarán na praza do Concello unha caseta á que poderán achegarse os clientes dos establecementos asociados e depositar os seus tíckets de compra mínima de 5 euros, cun nome e un teléfono de contacto, nunha urna. “Os tickets deberán corresponder ás compras realizadas entre o luns 27 de abril e o luns 4 de maio”, puntualizan dende o CCA, explicando que cada tícket será cambiado por un resgardo co cal durante todo o mes de maio poderán achegarse á tenda asignada no tícket e recoller unha planta. “Será imprescindible peresentar o resgardo para obter a planta”, din. As tendas nas que se recollerán son: Almacenes Pote; Floristería Esnat; Agricentro Terán; e Más y Más Plantas.

Ademais, entre todos os participantes sortearanse dous vales de compra para gastar nos establecementos asociados. O sorteo celebrarase ese mesmo día na praza do Concello ao rematar a campaña e contactarase cos gañadores por teléfono.

Back to top button