CulturaCulturaMúsicaÚltima horaVídeos

A cantante Lucía Pérez anuncia na Festa do Cordeiro que volverá a Larouco o 7 de agosto para dar un concerto

 

Cunha sorpresa se atopaban os asistentes á Festa do Cordeiro que se está celebrando no pavillón municipal de Larouco. Acompañada pola alcadesa, Patricia Lamela, a cantante galega Lucía Pérez anunciaba que o vindeiro 7 de agosto actuará nesta localidade. “Grazas á Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, traeremos un concerto con toda a miña banda a Larouco”, dixo, asegurando que será “inesquecible para todos, dende logo faremos o posible para que así sexa”.

Antes de despedirse, recoñeceu sentirse “feliz de vir con todo o meu equipo ao noso rural que ten que estar máis vivo que nunca, grazas a todos e todas. Aquí vos esperamos para desfrutar da música en directo”. Pola súa banda, a alcaldesa anunciou que ao día seguinte, o 8 de agosto, terán a I edición do Vitis Lume, “unha nova ruta de adegas que se fará no barrio de Seoane”, explicou dando paso ao xantar.

Vídeo: Carlos G. Hervella.

Back to top button