En portadaGalerías de fotosÚltima horaVídeos

A Pasarela de Moda do CCA O Barco reta á chuvia e conquista ao público

Doce establecementos comerciais amosaron as súas propostas para este verán

 

A chuvia parecía querer empañar un ano máis a Pasarela de Moda que organizada pola asociación Centro Comercial Aberto (CCA) O Barco, se celebraba na tarde deste sábado 25 de abril na praza Andrés de Prada, pero desta volta (o ano pasado tivo que aprazarse ata en dúas ocasións) non foi así e malia que a tormenta descargaba con ganas sobre a vila unha hora antes da hora prevista, o evento celebrábase por fin, iso si unha hora máis tarde.

 

 

Así, pasadas as 20:30 horas e tras a actuación do ilusionista Joshua Kenneth que entre truco e truco fixo pasar un bo rato ao público mentres esperaba, arrincaba o evento que segue cumprindo anos atraendo a numerosos clientes do comercio de proximidade co obxectivo de promocionar o sector barquense. Facíao da man de Noelia Rey presentadora da TVG que daba a benvida aos asistentes á pasarela financiada pola Deputación de Ourense e pola Xunta de Galicia, e co apoio do Concello do Barco e do Comercio Galego. Entre eles a concelleira de Comercio, Alba Rodríguez e o Alcalde do Barco, Aurentino Alonso; a presidenta de Comercio de Ourense, Beatriz Gómez; o presidente da CEO, David Martínez;  e a Diputada Provincial Especial para Valdeorras, María Carmen González.

 

 

Despois, ao longo de dúas horas foron pasando pola alfombra máis dun centenar de modelos de todas as idades, veciños e veciñas da zona e de fóra da comarca coas novidades do sector téxtil e complementos da tempada primavera/ verán.

 

Os primeiros en defilar, coma sempre eran os nenos, desbordando simpatía coas propostas de Casabella, Koki e O Bambán dos Sorrisos, tres tendas e moitísimas opcións para escoller roupa para os pequenos da casa. Roupa casual deportiva, pero tamén roupa máis formal. Despois tiña lugar a homenaxe ao ex alcalde, Alfredo García, coa entrega dunha placa en recoñecemento polo apoio ao CCA e á Pasarela que recollia Aurentino ao non poder asistir por motivos persoais.

 

 

 

A sección de moda para adultos comezaba con Miranda X que desfilaba un ano máis co Periódico O Sil, seguidos por Montglam, N37, Döce Ópticos, Baamonde, Can Can, Ana Óptica e Eneska que pechaba o desfile, para dar paso ao presidente do CCA, Jacobo Arias que daba as grazas aos asistentes e sobre todo aos comercios participantes por seguir confiando no Centro Comercial Aberto. De seguido, xunto á presentadora, comezaba a conta atrás para a tirada de globos cun gran premio de 500€, para gastar nos establecementos asociados, así como unha cesta de agasallos doados polos socios.

 

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

Máis información e fotos:

Miranda X e Periódico O Sil, un tándem perfecto na Pasarela de Moda do CCA O Barco

Back to top button