En portadaÚltima hora

A Ruta dos Fornos de Celavente (O Bolo) homenaxeará ás persoas que salvaron o pobo do incendio

Será o sábado 2 de maio ás 19 horas no barrio do Cima, onde se atopa o último forno do percorrido

 

O pasado ano Valdeorras sufriu unha terrorífica vaga de lumes que arrasou máis de 30.000 hectáreas da súa superficie. Unha catástrofe da que tampouco se librou o noso pobo, Celavente, que durante as desgraciadas xornadas do 16 e do 17 de agosto viu como as lapas rodearon case todos os nosos barrios, achegándose peligrosamente ata as casas e, incluso, calcinando varias construccións en diferentes puntos da nosa parroquia.

A situación foi desesperada, non só polo tamaño dos incendios, se non porque ao mesmo tempo vímonos obrigados a combatir varios lumes en barrios moi afastados entre si, mentres axudábamos ás persoas máis vulnerables a sair das súas casas para buscar refuxio noutros concellos limítrofes.

A dia de hoxe, 8 meses despois de que as lapas se extinguisen, é a nosa obriga mirar cara atrás e mostrarlle o noso agradecemento a todas as persoas que nos axudaron. A todos eses homes, mulleres, rapaces e rapazas que fixeron todo o que estaba na súa man ata caer esgotados, para que non tivésemos que lamentar un desastre moito maior. Se afortunadamente a inmensa maioría das casas se salvaron, e se non houbo que lamentar víctimas humanas; foi grazas a todas as persoas que chegaron dende todos os pobos do Concello do Bolo, e dende moitas outras parroquias de Valdeorras e de Viana, para axudarnos e loitar man a man con nos para evitar que os nosos fogares desaparecerán calcinados polas chamas.

Por iso, dende a Asociación Centro de Animación Rural Celavente queremos transmitir o noso eterno agradecemento aos seguintes colectivos:
– Aos Veciños e veciñas dos pobos do Concello do Bolo e dos municipios limítrofes.
– A todos os gandeiros e agricultores que de xeito totalmente desinteresado trouxeron os seus tractores e cisternas.
– Aos bombeiros forestais de Medio Rural e do Concello do Bolo. Especialmente, a todos os que viñeron nas suas horas de descanso, que foron moitos.
– Aos membros de Protección Civil do Bolo.
– Aos profesionais da UME, da Unidade Militar de Emerxencias.
– E ao Concello de Petín e aos seus veciños e veciñas, por acoller e acompañar a todas as persoas que desaloxaron do noso pobo.

Para facer público e visible ese agradecemento, o vindeiro sábado 2 de maio, aproveitando que celebramos a XVII edición da Ruta dos Fornos de Celavente, queríamos organizar un sinxelo e sincero homenaxe a todos estes colectivos. Para comezar, durante o acto de inauguración da Ruta o pregoeiro, o poeta local Juan Corzo, adicaralles un poema escrito na súa honra. Posteriormente, ao finalizar o percorrido, teremos outro detalle  todos eles.

Será ás 19 horas no barrio do Cima, onde se atopa o último forno do percorrido. Aínda que non puidesen participar na Ruta, están invitados a ese acto pola tarde todos os voluntarios que nos axudaron o verán pasado a combatir os lumes.

De novo, de parte de todos os veciños e veciñas de Celavente, moitísimas Gracias por demostrar cos vosos altruístas actos o verdadeiro significado da palabra SOLIDARIDADE!

Texto: Asociación Centro de Animación Rural Celavente.

 

Poema de Juan Corzo.

 

Back to top button