PolíticaÚltima hora

O BNG de Viana recolle sinaturas para pedir o arranxo da estrada entre esta localidade e Vilariño de Conso

 

Mellorar a comunicación entre os municipios de Viana do Bolo e Vilariño de Conso. É o obxectivo da campaña de recollida de sinaturas que está a realizar o BNG de Viana do Bolo, que colocaba un pequeno posto na feira local do 28 de abril para achegarse á veciñanza.

Dúas son as estradas cuxo arranxo “urxente” se pide: a OU-0701 (Cabalar- Vilariño) e a OU-0908 (Viana-Vilariño). Nelas o BNG solicita “unha renovación total do trazado e firme d, así como que o arranxo contemple as zonas de amplicación da estrada e a redución de curvas”. Estas estradas, lembran, son da rede provincial, se ben tamén solicitan que se “pida a colaboración do Goberno central e da Xunta de Galiza con financiamento se fora necesario”.

Esta mesma demanda, en forma de moción, era presentada no pleno deste venres por parte do grupo municipal do BNG.

Fotos cedidas.

 

 

Back to top button