CulturaCulturaMúsicaÚltima horaVídeos

Cantigas e Agarimos pon son e baile tradicionais aos Maios do Barco

 

A tradicional celebración dos Maios do Barco estaba animada a partir das 12h. pola actuación da agrupación Cantigas e Agarimos, unha traxectoria fundamental na historia da música e do baile tradicionais en Galicia.

Fundada en Santiago de Compostela en 1921, o colectivo mantén desde hai máis dun século un intenso labor de recollida, estudo, ensino e divulgación da cultura popular, cunha actividade continuada arredor do baile, da música vocal e instrumental e da transmisión interxeracional deste legado.

 

 

No Barco despregaba o seu repertorio facendo as delicias dun público de todas as idades.

Fotos: A.R.

Vídeos: O SIL.

 

Back to top button