O Museo do Bierzo, en Ponferrada, acollía neste mediodía o acto de entrega de restos e reinhumación de Manuel Girón Bazán, guerrilleiro antifranquista identificado xeneticamente o pasado mes de xaneiro. Isto facíase ademais coincidir co 75 aniversario da súa morte.
Resultaba un acto moi emotivo, no que se contaba coa presenza de familiares, compañeiros, amigos, autoridades municipais e membros de varias asociacións do Bierzo, alén de música, poesía e algunha sorpresa máis.

Entre as persoas que seguían o acto, pero dende a distancia, telematicamente, estaba Francisco Martínez López “Quico”, e acompañado pola súa filla. Con cen anos de idade, é o último guerrilleiro da guerrilla antifranquista de Asturias León Galicia que sigue vivo.
Fotos cedidas.

