Hai xa case 29 anos, en maio de 1997, que a Discoteca Iguana do Barco, situada na rúa Méndez Núñez, pechaba as súas portas. Un grupo de persoas que traballaban nela reuníanse esta tarde no Bar Zig Zag para recordar diversos momentos desa etapa da hostalaría barquense e da vila. Esta discoteca, aberta en 1991, foi daquela unha referencia en Valdeorras.

Esta reunión ten sido un primeiro contacto de cara a celebrar futuros encontros aos que se incorpore máis persoal que traballou discoteca e que agora reside fóra de Valdeorras.
Fotos: Carlos G. Hervella e cedidas (as imaxes antigas).
