É de ben nacido ser agradecido por iso, seguindo o exemplo do Condello do Bolo na Festa da Vitela, a organización da Ruta dos Fornos de Celavente, que neste sábado 2 de maio reunía a unhas 550 persoas a pesar da chuvia, rendía unha sinxela pero bonita homenaxe a todas as persoas que axudaron a apagar o lume que arrasou Valdeorras en agosto do pasado ano.
Dende a Asociación Centro de Animación Rural Celavente transmiten o seu “eterno agradecemento” aos seguintes colectivos:
– Aos Veciños e veciñas dos pobos do Concello do Bolo e dos municipios limítrofes.
– A todos os gandeiros e agricultores que de xeito totalmente desinteresado trouxeron os seus tractores e cisternas.
– Aos bombeiros forestais de Medio Rural e do Concello do Bolo. Especialmente, a todos os que viñeron nas suas horas de descanso, que foron moitos.
– Aos membros de Protección Civil do Bolo.
– Aos profesionais da UME, da Unidade Militar de Emerxencias.
– E ao Concello de Petín e aos seus veciños e veciñas, por acoller e acompañar a todas as persoas que desaloxaron do noso pobo.
Un agradecemento que facían público e visible hoxe, no barrio do Cima, onde se atopa o último forno, da man do poeta local, Juan Corzo quen además do pregón que daba o pistoletazo de saída á ruta, escribía e lia un bonito poema que pode escoitarse aquí.
Fotos cedidas.