CulturaCulturaÚltima hora

Pintura, escultura, fotografía e música en directo, na IV mostra “Arte no Rural” na Portela de Portomourisco

 

Nesta fin de semana e a pesar da chuvia esporádica, as rúas e prazas da Portela de Portomourisco (Larouco-Petín) volven converterse nun museo ao aire libre demostrando que a arte, en todas as súas manifestacións está máis viva que nunca, tamén nas aldeas.

 

 

O venres 1 de maio abría as portas, co afilado e irónico pregón de José María Álvarez, a IV edición da exposición baixo as estrelas “Arte no Rural”, unha iniciativa promovida pola Asociación A Rabiosa coa colaboración dos concellos de Petín e Larouco, que nesta ocasión conta con pintura, escultura en madeira e tamén fotografía, de artistas xa consagrados e que repiten nesta mostras como Rogelio Diéguez, Roberto Álvarez ou Xelo de Tremiñá e outros que expoñen por primeira vez nas rúas da localidade valdeorresa, como Clara Quiroga, Conde e Torino ou Marga B. Blanco que presenta unha fermosa colección de fotografías, a maioría en branco e negro.

 

 

A música tampouco falta nesta mostra, sendo a novísima banda KZ Angels quen poñía o son cunha actuación en directo na noitiña do sábado. Todo 100% valdeorras, todo auténtico.

Quen aínda non se achegase ata esta galería ao aire libre que rezuma beleza por cada recuncho aínda ten hoxe para facelo, á luz das farolas e da lúa. O horario, de 20 a 23 horas.

 

 

Fotos cedidas.

Back to top button