ConcellosO BarcoÚltima hora

O Barco recibirá mañá aos estudantes de Braga que participan nos V Encontros Escolares do Eixo Atlántico

O ano pasado o intercambio cultural celebrouse no CEIP Julio Gurriarán./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Comezan as actividades dos V Encontros Escolares do Eixo Atlántico, que terán lugar en dous bloques.  Por unha banda, os días 6 e 7 de maio, os estudantes de 11 e 12 anos da Escola Dr. Francisco Sanches de Braga visitarán o concello do Barco. Por outra, os días 13 e 14 de maio, os escolares da mesma idade, do CEIP Ramón Otero Pedrayo de Viloira, realizarán a correspondente visita a Braga.

Un total de 50 persoas, 18 nenos e nenas de Braga e 19 nenos e nenas do concello do Barco, acompañados de persoal docente dos dous colexios e persoal dos concellos de Braga e O Barco, convivirán e desfrutarán de diferentes actividades que lles permitirán coñecer os concellos que visitan, os seus atractivos turísticos, costumes, gastronomía, etc.

Os Encontros celébranse cada ano entre concellos de Galicia e o Norte de Portugal que pertencen ao Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular. En anos anteriores, os estudantes do Barco puideron visitar as cidades de Vila Real (2024) e Santa María da Feira (2025), vivindo experiencias moi gratificantes.

Mañá mércores día 6 de maio, a recepción e benvida institucional do alumnado terá lugar no CEIP Ramón Otero Pedrayo ás 12 horas.

Back to top button