
Tras o éxito da primeira edición, o ‘Barbudos Fest’ volve neste 2026 ao panorama musical do Barco de Valdeorras, con novas bandas e tamén un Dj, para poñer ritmo á tarde-noite do sábado 6 de xuño, na terraza do Barbudos (praza Lauro Olmo do Barco).
Ese día o bar permanecerá aberto dende a mañá ata a madrugada, con sesión vermú amenizado por Dj Repunante arredor das 13 horas e concertos das 19 horas á medianoite aproximadamente. Nesta ocasión contarán con dúas bandas formadas en Ourense, Acidproyect e Terminal Terror, que porán o broche ao festival; os valdeorreses Navegando a Barlovento; e outra banda de Santiago, Sicixia.
O festival é gratuíto e está organizado polo responsable do bar, Feliciano Fernández (Feri) e o seu irmán Roberto.
