Entre os labores que desempeñan os Grupos de Emerxencias Supramunicipais está axudar á poboación. E iso era o que facía o GES Valdeorras na mañá deste venres 8 de maio, axudando a retirar un vehículo averiado no medio da rúa, no centro do Barco, no acceso á estrada xeral (Marcelino Suárez), dende Pérez Lista.