
Na mañá deste venres 8 de maio, o alumnado do CPI Laureano Prieto da Gudiña visitaba a exposición En Defensa da Antártida do Ministerio de Defensa, no Carballiño. Alí, os estudantes puideron coñecer a misión científica na Antártida das forzas armadas de España e ver fotografías sobre o día a día na base militar.
O alumnado, acompañado dos docentes e do concelleiro de Cultura, Diego Fernández, tamén coñeceu a historia e atractivos turísticos do Carballiño cun paseo pola vila e a visita ao Museo do Papel de Galicia e ao Parque Etnográfico do Arenteiro.
A mostra En Defensa da Antártida, exposta ata o 13 de maio na Casa Consistorial, tamén recibiu nestes días aos estudantes do Colexio Sagrado Corazón do Carballiño. O coronel e subdelegado de Defensa en Ourense, Jesús Antonio Peñas-Preckler, e o teniente coronel Juan José Vázquez Moreira impartiron unha charla no centro educativo na que explicaron en profundidade a misión científica na Antártida.