ConcellosO BarcoÚltima hora

A árbore das tulipas amosa as súas fermosas flores no Barco

Foto: A.R.

 

Entre as especies arbóreas que poden verse na beira do río Sil ao seu paso polo Barco está a Liriodendron tulipifera L., coñecida como árbore das tulipas ou tulipaneiro de Virxinia. Esta árbore caducifolia non adoita florecer ata ser adulta, é dicir, a partir dos catro anos. E, cando o fai amosa unhas fermosas flores que nestes días poden verse, con forma de tulipas (de aí lle vén o nome) e de cor amarelo verdoso cun centro laranxa.

 

Cedida.

Esas fermosas e olorosas flores poden verse nestas imaxes cedidas por unha lectora ao Periódico O SIL.

 

Cedida.

 

Cedida.

 

Back to top button