Nesta fin de semana celebrábase aXXXI Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón. A cita que inauguraba o delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, comezaba coa cata maridaxe, “Sabores da Ribeira Sacra”, e este sábado tiña lugar a primeira cata popular desta mostra, actividades organizadas por Vinosacra en colaboración co Concello de Pantón.
Para a cata popular as adegas participantes presentaron os seguintes viños: Corzoás Mencía 2024, Casa Moreiras Mencía 2024, Don Ventura Mencía 2025, Nogueiras Mencía 2025, Lagariza 2024 (Finca Millara), Alma das Donas Mencía 2025, Saíñas Silente 2022 e Ciudáseis Mencía 2024. Este último foi o viño mellor puntuado nesta cata, na que se cubriron 142 fichas válidas. O gañador recibía un agasallo despois do pregón que nesta edición correu por conta do sumiller Luis Paadín.
Entre os asistentes a esta mostra non faltaban veciños de Valdeorras.
Fotos cedidas.
