CulturaCulturaEducaciónMúsicaÚltima hora

Música e baile tradicional para celebrar as Letras Galegas no CEIP Otero Pedrayo de Viloira (O Barco)

 

Cun festival marcado pola música e o baile tradicional conmemoraba neste 15 de maio a comunidade educativa do CEIP Ramón Otero Pedrayo de Viloira (O Barco) o Día das Letras Galegas. As actuacións dos diferentes cursos, acompañados polos docentes, tiñan lugar no pavillón do colexio e entre elas tamén se lle facía unha homenaxe á escritora e xornalista viguesa Begoña Caamaño, á que se lle dedica este ano o 17 de maio.

Fotos: Javier Brasa.

 

Back to top button