CulturaCulturaEducaciónMúsicaÚltima hora

Máis de 600 escolares participan na II Xuntanza Intercentros “Os coles cantan”, en Verín

A praza García Barbón converteuse nun espazo de convivencia, música e promoción da lingua galega dentro da programación municipal das Letras Galegas 2026

 

A Praza García Barbón de Verín acolleu hoxe pola mañá a celebración da II Xuntanza Intercentros “Os coles cantan”, unha actividade enmarcada na programación das Letras Galegas 2026 na que participaron de máis de 600 alumnos e alumnas dos CEIPs Amaro Refojo e Princesa de España.

A xornada, desenvolvida entre as 10:00 e as 13:30 horas, converteu o centro da vila nun punto de encontro para a convivencia escolar, a música e a promoción da lingua galega a través da participación activa do alumnado.

 

 

O encontro contou tamén coa colaboración da Asociación de Mulleres Rurais San Pedro de Queizás e de Ramón López, da Asociación Candaira, que contribuíron ao desenvolvemento dunha actividade marcada polo carácter participativo e interxeracional.

A concelleira de Turismo, Cultura e Festexos, Samanta Barreira, destacou «a importancia de impulsar actividades colectivas nas que a lingua galega se viva desde a música, a convivencia e a participación da comunidade educativa», salientando ademais «o valor de crear espazos compartidos nos que os máis pequenos poidan relacionar a nosa lingua con experiencias positivas, culturais e emocionais».

A actividade forma parte da programación impulsada pola área de Cultura do Concello de Verín arredor das Letras Galegas 2026, dedicadas este ano á escritora e xornalista Begoña Caamaño.

Fotos: Concello de Verín.

Back to top button