CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Manuel Rivas, experto en Ciberseguridade, dará un taller de educación dixital no colexio Pablo VI Fátima

Será este xoves, 21 de maio, ás 18 horas

Cales son os riscos para os menores? Como xestionar o tempo nas pantallas? Que recursos e ferramentas existen para protexelos?

Estas e outra cuestións serán tratadas no taller sobre educación dixital en ciberseguridade e privacidade para menores que o coordinador e experto en Ciberseguridade, Manuel Ribas, impartirá no Salón de Actos do colexio Pablo VI-Fátima da Rúa este xoves 21 de maio ás 18 horas.

 

 

Está dirixido a familias con menores de entre 10 e 18 anos e ne, o especialista en protección dixital, privacidade e uso responsable da teconoloxía, dará claves sobre como establecer límites saudables no uso de dispositivos dixitais; e para fomentar hábitos saudables seguros e críticos ante a tecnoloxía; aportando estratexias para supervisar sen invadir a privacidade así como ferramentas e recursos de apoio para as familias.

Dende o centro convidan ás familias a asistir xa que tratarán “temas de gran interese para o acompañamento académico e persoal dos vosos fillos, ademais de ofrecer orientacións e resolver posibles dúbidas”.

Back to top button