A RúaConcellosÚltima hora

Arde unha lona de plástico nunha adega no Aguillón, na Rúa

 

Na tarde deste xoves 21 de maio producíase un incencio na zona do Aguillón, na Rúa. Tal como indican dende os servizos de emerxencia tratábase dunha lona de plástico que arredor das 21 horas ardía nunha adega, provocando unha densa nube de fume negro.

Ata o lugar acudían voluntarios de Protección Civil da Rúa, o GES Valdeorras e bombeiros do parque comarcal; achegándose asemade unha brigada de bombeiros forestais.

 

 

Fotos cedidas.

Back to top button