
Contra as seis desta tarde de 24 de maio, un particular contactaba co 112 Galicia para aleter de que unha menor que estaba nunha piscina, situada no Club Fluvial de Monforte, necesitaba axuda. “Sen embargo, conseguiron sacar a nena da auga de inmediato sen que fosen necesarios os equipos de rescate”, segundo informa o 112 Galicia, quen indica ademais que, “igualmente, unha dotación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 acudiu ao lugar”.
Segundo explicou a persoa que chamou para alertar, “a pequena caeu á auga da piscina, pero conseguiron sacala rápido. Con todo, comezaron a reanimala e, finalmente, foi trasladada ao Hospital de Monforte”, citando a información feita pública polo 112 Galicia.