SanidadeÚltima hora

O dúo ELOS actúa no Hospital Universitario de Ourense no marco do programa “Música en Vena”

 

O Hospital Universitario de Ourense acolleu esta mañá unha nova actuación do programa “Música en Vena”, unha iniciativa de humanización que achega música en directo a pacientes, familiares e profesionais sanitarios. Nesta ocasión, o dúo ELOS, formado por Marta Bravo e Sérgio Tannus, ofreceu un microconcerto nas salas de familiares e nas unidades de hospitalización de Dixestivo e Traumatoloxía.

A proposta musical está pensada para transformar por uns intres os espazos hospitalarios en lugares máis acolledores. Este é un dos obxectivos de “Música en Vena”, unha asociación sen ánimo de lucro, que promove actuacións musicais en hospitais de toda España co obxectivo de mellorar a estancia hospitalaria a través da cultura e da música en directo e impulsa estudos sobre o impacto positivo da música, no benestar emocional das persoas ingresadas.

Back to top button