
Na tarde deste venres 29 de maio falecía unha persoa que tivo que ser rescatada do río en Allariz. “Nada puideron facer por evitar o seu falecemento”, indican dende o 112 Galicia explicando que o suceso tiña lugar uns dez minutos despois das 20horas, na presa dun río nas proximidades da rúa Acearrica.
“Segundo a información recollida, unha persoa fora rescatada do río tras perder o coñecemento, polo que desde a Sala de Operacións informouse á Garda Civil e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Allariz”, explican, asegurando que o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 xa tiña constancia, pois foi quen recibiu o primeiro aviso. “O persoal sanitario tratou de reanimar á persoa, aínda que só se puido confirmar o seu falecemento”, conclúen dende o 112.