SanidadeÚltima hora

Alcer abre no Barco a programación polo Día Nacional do Doante na provincia

 

A Asociación para a Loita Contra as Enfermidades Renais de Ourense, ALCER Ourense desenvolverá durante os vindeiros días, diferentes actividades informativas e de sensibilización en varios puntos da provincia con motivo do Día Nacional do Doante, que se celebra o vindeiro 3 de xuño.

Ditas accións comezaban este luns día 1 de xuño ás 11h. cunha mesa informativa no Hospital Comarcal de Valdeorras, no Barco, que os membros da asociación instalaban na entrada do centro ata as 13h. Este punto era visitado por autoridades como os alcaldes do Barco, Aurentino Alonso, e Viana do Bolo, Germán García-Ávila.

Ademais no Barco están previstos outros actos, nos que colabora o Concello, os vindeiros días:

Luns día 8 de xuño: Obradoiro de nutrición “Menos sal, máis maxia”, en horario de 16:00 a 18:00 horas no salón de actos da 3ª planta do Edificio Multiusos do Concello. Inscricións: Carmen ou Ana, 988 229 615 / 663 780 330. Para socios e público en xeral, entrada de balde.

Domingo día 14 de xuño: ALCERFEST, un festival dirixido aos máis cativos con inchables, actividades e actuacións, comida e festa da escuma, que terá lugar no CEIP Julio Gurriarán de 11:00 a 19:00 horas.

Fotos: A.R./ cedidas por Alcer Ourense.

 

Back to top button