EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Exitosa 27ª edición da Feira do Viño de Valdeorras, con máis de 5.000 asistentes e 15.000 copas servidas

Público no recinto da XXVII Feira do Viño de Valdeorras./ Foto: A.R.

 

Máis de 5.000 persoas pasaban do 29 ao 31 de maio polo recinto da XXVII Feira do Viño de Valdeorras, que se desenvolvía nesta edición no campo da festa do Barco,  convertendo esta edición “nun auténtico éxito”, segundo vén de facer público a organización.

“Foron tres días de viño, música, gastronomía, encontros, brindes e moito orgullo pola nosa terra. Máis de 15.000 copas servidas son a mellor mostra da paixón que existe polos viños da nosa denominación e do cariño que recibimos durante toda a fin de semana”, destaca o Consello Regulador da D.O. Valdeorras, que, así mesmo, dá as grazas “a todas as persoas que nos acompañastes, ás adegas participantes, colaboradores, artistas e voluntarios que fixestes posible esta gran festa.. O Malecón encheuse de vida, de sorrisos e de miles de copas compartidas”.

Ademais, a esencia “do viño está aquí en Valdeorras, onde naceu e creceu o Godello ata converterse nun referente internacional; aquí, onde cada copa conta unha historia de esforzo, tradición e amor pola terra”.

Back to top button