EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Os viños da D.O. Monterrei galardoados nos 40ª Premios Baco: 1 gran ouro, 5 ouros e 7 pratas

 

A Denominación de Orixe Monterrei foi galardoada nos Premios Baco, o concurso nacional de viños novos máis importante e lonxevo de España, organizado de forma anual pola Unión Española de Catadores (UEC)

Este prestixioso certame acaba de celebrar o seu 40º aniversario avaliando en exclusiva os viños elaborados na colleita máis recente e no cal os viños da Denominación de Orixe Monterrei demostraron unha vez máis a súa excelente calidade e singularidade obtendo un total de 13 mencións, 1 Gran Baco de Oro, 5 Baco de Oro e 7 Baco de Prata.

Os viños que resultaron premiados son:

El Amo del Calabozo 2025 (Gran Baco de Ouro)

 

Alma de Autor 2025 (Baco de Ouro)

Crego e Monaguillo Mencía 2025 (Baco de Ouro)

Crego e Monaguillo Godello 2025 (Baco de Ouro)

Pulpo Godello 2025 (Baco de Ouro)

Terras do Cigarrón 2025 (Baco de Ouro)

 

Golfiño 2025 (Baco de Prata)

Galvan 2025 (Baco de Prata)

Minius Godello 2025 (Baco de Prata)

Setembro 25 2025 (Baco de Prata)

Mara Martín 2025 (Baco de Prata)

Vía Arxéntea Godello – Treixadura 2025 (Baco de Prata)

Fanrela Dona Branca 2025 (Baco de Prata)

 

Back to top button