EconomíaEconomíaÚltima hora

Preséntase o obradoiro de emprego “Portas de Galicia V”, dos concellos de Viana, Vilariño e Gudiña

 

O salón de plenos do Concello de Viana do Bolo acollía na mañá deste venres 5 de xulo a presentación do Obradoiro dual de Emprego “Portas de Galicia V”. O acto contaba coa asistencia dos alcaldes de Vilariño de Conso, Melisa Macía; da Gudiña, Nestor Ogando; e de Viana do Bolo; Germán García-Ávila, así como coa presenza do persoal directivo e docente; e do alumnado.

 

 

Este novo Obradoiro conxunto terá unha duración de 9 meses e impartirá, de forma dual, os módulos de Albanelería e Forestal. “O obxectivo é que o alumnado participante, formado por veciños/as dos 3 concellos, adquiran coñecementose habilidades que lles permitan a súa inserción laboral”, segundo o Concello de Viana.

Fotos: Concello de Viana do Bolo.

 

Back to top button