DeportesÚltima horaVídeos

Sobresaínte actuación do Adas Cupa no galego de atletismo Sub14, celebrado no Barco

 

Os atletas da base do Club Adas Cupa do Barco volvían dar, unha vez máis, mostras da súa calidade neste 7 de xuño. Así no XXXV Campionato galego en pista Sub14, no que ademais competían na casa. Así ao longo da xornada sumaban máis dunha decena de metais nas diferentes competicións.

Entre as últimas en lograrse estaban as da final de 4×80, nas que o equipo valdeorrés facíase co título galego cun rexistro de 41.93. Del formaban parte Daniel Álvarez, Roi Gallego, Eiden Ferrer e David García.  Este último corredor era ademais prata na final de 80 m, cunha marca de 10.18 (MMP),e ouro na lonxitude (5.24 MMP).

 

 

 

 

Cabe tamén destacar as outras dúas medallas de ouro que ganaba Eiden Ferrer no triplo salto (9.86 MMP) e en pértega (2.60 MMP). Dobrete facía ademais Asier Guntiñas ao vencer no lanzamento de martelo 2 kg (25.78) e facerse co bronce na xavelina (500 gramos) cunha marca de 27.20.

 

 

Entre outros metais valdeorreses, están tamén o ouro de Irina Sánchez na xavelina 400 gramos (33.85) e a prata de Ana Basalo no disco (800 gramos) cun rexistro de 24.77 (MMP).

A competición remataba pouco antes das 21h. deste domingo coa entrega das últimas medallas na que participaban o presidente da Federación Galega de Atletismo, Iván Sanmartín; o alcalde do Barco, Aurentino Alonso; así como a recoñecida atleta Adi Iglesias e a valdeorresa Xiana Pungín.

Despois da competición, a responsable dos xuíces na Delegación da Federación Galega de Atletismo convidaba aos xuíces participantes no galego a unha petiscada.

Fotos: A.R.

Vídeo: O SIL.

 

 

Back to top button