SanidadeÚltima hora

O Barco acolle o obradoiro “Menos sal, máis maxia”, impartido desde Alcer Ourense

 

O salón de actos do Edificio Multiusos do Barco acollía na tarde deste 8 de xuño o Obradoiro de nutrición “Menos sal, máis maxia”, impartido pola nutricionista da Asociación para a Loita Contra as Enfermidades Renais de Ourense (Alcer). Desenvolvíase ao longo de dúas horas nas que tamén se intercalaban preguntas dos asistentes.

Nel poñíase de manifesto a importancia de coidar a nutrición nas enfermidades renais e, en concreto, como lle afecta a sal as persoas que as padecen.

Fotos: A.R.

Back to top button