Un xoves máis, a Asociación de Silicosis de Valdeorras (Asilival) concentrábase diante do Hospital Público de Valdeorras para insistir na súa demanda dun servizo de Neumoloxía para este centro. O presidente da entidade, Jose Rodríguez, dirixíase aos asistentes explicando que se continúa traballando para lograr esa reivindicación. Avanzaba tamén se lle mandará un escrito á Consellería de Sanidade nese senso e que van recabar o apoio do Centro Comercial Aberto do Barco, cuxos establecementos poderían poñer pegatinas da asociación nos locais.
Por outra banda, anunciaba que se vai continuar coas accións reivindicativas na rúa alomenos ata finais de xullo. De feito concretaba que o vindeiro xoves en lugar dunha concentración, farase unha nova manifestación ás 11h. que partirá do hospital e rematará na praza do Concello.
Agradecía á presenza aos participantes e anímabaos a seguir na loita para “conseguir un servizo de Neumoloxía en Valdeorras”.
Fotos: O SIL.
