
Bos resultados para o Colexio Pablo VI da Rúa na Pau. Segundo se vén de informar dende este centro de ensino valdeorrés, “o 91% do noso alumnado superou a PAU este curso”. Ademais, destacan que dous alumnos obtiveron a cualificación “EXCELENCIA”. Ademais, catro alumnos lograron superar a barreira dos 12 puntos: Cintia, Zoe, Dani, e Carla”.
Así mesmo, dende o Colexio Pablo VI fan un recoñecemento especial para Cintia e Dani, “que foron invitados ao acto de homenaxe aos Mellores Expedientes de Galicia que se celebrará en Santiago de Compostela. Estes resultados son motivo de alegría para todos, pero tamén unha oportunidade para lembrar algo fundamental: Educar é moito máis que obter boas cualificacións. É formar persoas capaces de pensar, afrontar retos, tomar decisións responsables e construír o seu futuro con ilusión, sentido crítico e valores sólidos”.
