ConcellosO BarcoÚltima horaVídeos

Singular culto na honra de San Antón no Campo (O Barco de Valdeorras)

 

Invocado para atopar obxectos perdidos ou parella, San Antónde Padua é un dos santos máis venerados. Só en Valdeorras hai varias localidades que lle rinden culto, entre elas O Barco de Valdeorras que o fai na zona do Campo.

 

 

Un ano máis facíano no pavillón polideportivo de Calabagueiros, transformado nun improvisado local relixioso na tarde deste sábado 13 de xuño. Ás 20 horas comezaba o acto, cun percorrido coa imaxe do santo pola pista central do pavillón, levada a ombros por fegreses que se ían cambiando. De seguido, con centos de devotos mas cadeiras e bancadas do local, comezaba a eucaristía harmonizada polo coro de San Mauro e presidida polo párroco da Rúa e Petín, Daniel Pérez, acompañado polo párroco do Barco, Jesús Álvarez.

 

 

Durante a solemne celebración tiña lugar a bendición de familias, nenos, noivas, pans e veas, xa que San Antonio é coñecido como “o santo do mundo” por ser venerado en diferentes países, pero tamén como protector do ser humano en xeral.

 

 

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

Back to top button