Co fin de curso remata tamén a Liga Galega de Karate. A final celebrábase na xornada do sábado 13 de xuño en Cedeira (A Coruña) onde o KC River Stone do Barco conseguía 9 medallas (3 ouros, 3 pratas e 3 bronces). Ademais, Diego Prada resultaba Grand Winner da Liga, en categoría kata cadete masculino avanzado.

Dende o club destacan tamén o quinto posto de Éric Rodríguez Carballo, e os sétimos de Marcos Méndez e Joaquín Alejandro Torrealba.

Fotos cedidas.
