DeportesFútbol salaÚltima horaVídeos

O Divina Pastora Futsal, campión do Torneo Valdeorras Perullo Cup 2026 na categoría prebenxamín

 

Despois de tres días de competicón, o Torneo de Fútbol 7 Valdeorras Perullo Cup 2026, organizado polo CD Barco no Campiño de Viloira, toca ao seu fin. Hoxe pola tarde xogaranse as finais benxamín, infantil e cadete pero na tarde do sábado 13 de xuño era a quenda das categorías prebenxamín, alevín e xuvenil.

 

 

A dos máis pequeniños, os prebenxamíns, disputábase ás 18 horas entre o Divina Pastora Futsal e as EM de Viana. Un partido que gañaban os xogadores do Divina Pastora por 3-0 “completando un torneo impecable de forma invicta, con cinco vitorias en cinco partidos”, explica o adestrador, André Faria.

 

 

Fotos cedidas.

 

Back to top button