ConcellosÚltima horaVídeosVilamartín

Os efectos dos arrastres provocados pola tormenta, no concello de Vilamartín de Valdeorras

 

Garaxes e baixos inundados, estradas intransitables, fortes correntes de auga con barro, pedras e maleza,… Son os efectos da treboada que na tardiña do domingo 14 de xuño descargaba con forza sobre o concello de Vilamartín de Valdeorras.

O día anterior facíao sobre o da Rúa e onte era Vilamartín, outro dos municipios fortemente afectado polo lume do pasado verán, o que sufría as consecuencias dos arrastres que a forza da auga provocaba dende o monte queimado ata o val, con zonas moi afectadas como A Rodeleira, entre outras.

Xa de noite acudían os bombeiros para axudar nos labores de achique, así como a Garda Civial para velar pola seguridade da poboación.

 

 

Vídeos cedidos.

Back to top button