ConcellosO BarcoÚltima horaVídeos

As piscinas municipais do Barco abrirán o 19 de xuño, estreando melloras na piscina infantil

 

A súa apertura das piscinas municipais de verán do Barco abrirán as súas portas ao público o venres día 19 de xuño. E farano con novidades importantes, tal e como explicaba esta mañá en rolda de prensa nesas mesmas instalacións o alcalde, Aurentino Alonso.

“Acabamos de facer unha obra que rematou hai uns dez días, que foi acondicionar toda a piscina infantil, onde se levou a cabo unha renovación integral do liner en paredes e chans, no borde perimetral cun acabado suave e no pintado da praia, todo elo complementado coa adecuación de skimmers (bocas de succión), sumidoiros e recheo de nivelación, actuacións por valor de 48.249 €. E agora xa a temos en condicións, como estaba a outra, que se cambiara anteriormente e lista para abrir na vindeira fin de semana”, dicía o rexedor barquense.

 

 

Cos dous vasos que compoñen as instalacións cheos e preparados para recibir aos bañistas, as piscinas manterán o horario establecido na pasada tempada, de 12:30 a 20:30 horas, non sendo posible a súa ampliación por razóns de rendibilidade da empresa xestora.

 

 

Os prezos das entradas tamén se manteñen, sendo a de cativos (ata os 13 anos) de 1.50 euros, e a de adulto (a partir dos 13 anos) de 2 euros.

O remate da tempada prevese para as festas do Cristo, se ben iso dependerá da meteoroloxía.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Vídeo: O SIL.

 

Back to top button