O Concello de Viana do Bolo, a través do CIM, vén de poñer en marcha un ano máis os programas de conciliación (ludoteca e campamento) para que os máis pequenos e pequenas desfruten das vacacións aprendendo, xogando e facendo novas amizades.
O programa inclúe propostas como xogos e actividades deportivas, obradoiros creativos, actividades ao aire libre, dinámicas de lecer e diversión, convivencia e novas experiencias, “un espazo seguro e cheo de aventuras para que cada día do verán sexa especial”.
O prazo de inscrición para poder anotarse estará aberto do 17 ata o 23 de xuño e as prazas son limitadas. “Para inscribirse é necesario cumprimentar, asinar e rexistrar no Concello (presencialmente ou de forma telemática) a “Solicitude de inscrición” e a “Autorización de tratamento de datos persoais” que pode atoparse na seguinte ligazón https://www.vianadobolo.gal/portal-cidadan/post/gl/1049


