
As tormentas que caían o domingo 14 de xuño na provincia de Ourense tamén deixaban consecuencias no muninicipio de Viana do Bolo. Así, debido as chuvias, arredor das 23h. do domingo 14 de xuño, dende o Concello dábase conta ao 112 xa que se desbordaba o río Camba ao seu paso por Pradocabalos. “Subía moitísimo o nivel do caual e iso provocou que inundasen os baixos dalgunhas casas e que se enchera de auga e lama, dos arrastres, a praza, tal e como informa o alcalde de Viana do Bolo, Germán García-Ávila. “Dende o Concello mobilizamos persoal para limpar, porque estaba todo perdido”.
Practicamente ao mesmo tempo, ás 23h. do domingo, tamén se viña abaixo parte da estrada OU-0904, no tramo entre A Bouza e Pixeiros,. “Desprendeuse unha cantidade importante de ladeira e agora mesmo a estrada está intransitable”, engade o rexedor vianés, matizando que de inmediato se avisou á Deputación de Ourense e agora mesmo a vía está sinalizada e dende esta mañá estase a traballar dende o organismo provincial para deixala novamente aberta o antes posible.
Foto e vídeo cedidos.

