
Os viños da Denominación de Orixe Valdeorras veñen de lograr unha ducia de medallas nos Premios ‘Decanter World Wine Awards’ 2026, cuxos resultados acaban de facerse públicos neste 17 de xuño. Así As Sortes Val do Bibei da Adega Rafael Palacios 2024 lograba a medalla de Ouro, cunha puntuación de 96, mentres que conseguían Pratas O Luar Do Sil Godello 2024 e O Luar DO Sil sobre Lías Godello, ambos da adega Pago de los Capellanes; un tinto do 2023 da Adega O Cabalín, o Joaquín Rebolledo Godello 2025, o Joaquín Rebolledo Mencía 2025, o Godeval Cepas Vellas godello 2024, o Godeval Godello 2025 e o Viñaredo Godello 2025 da Adega Santa Marta.
Outras tres referencias valdeorresas lograban un Bronce: O Luar Do Sil Vides de Córgomo 2024 (Pago de los Capellanes), o Fardelas Godello 2025 (Santa Marta) e o Mencía 2024 de Maruxa.

