Tampouco A Rúa se libraba hoxe da treboada e dos seus debastadores efectos. Tal como informan dende Protección Civil, a estrada á beira do río Sil, entre O Aguillón e A Reza tiña que ser cortada pola caída de varias árbores e “vai permanecer cortada ata mañá, cando sexan retirados”. O aviso recibíano dun particular.
A chuvia e o vento provovaba tamén destrozos nunha viña, torcendo as estacas metálicas que suxeitan as cepas.
Vídeos cedidos.

