CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima horaVídeos

Acto de graduación do alumnado dos Ciclos Formativos do IES Lauro Olmo, no Barco de Valdeorras

 

Un mes despois da graduación dos alumnos de 2º Bacharelato era a quenda do alumnado dos ciclos formativos que o IES Lauro Olmo do Barco de Valdeorras despedía cunha bonita celebración no salón de actos do instituto, presentada pola directora, Amparo Quiroga.

 

 

Na tarde do mércores 17 de xuño o alumnado dos distintos ciclos de Formación Profesional recibían, un a un o seu diploma acreditativo nun acto no que tampouco faltaron os discursos, os aplausos, os bos desexos e por suposto as fotografías para gardar como recordo.

 

 

 

 

Igual que pasara coa graduación de Bacharelato, tras o acto os asistentes (alumnado, familiares e profesores) compartín uns petiscos no patio.

 

 

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

Back to top button